Política de cookies
Última actualización: 26 de novembro de 2026
Que son as cookies?
Son pequenos arquivos que unha web garda no teu navegador para funcionar ou para lembrar información. Tamén usamos o almacenamento do teu navegador, que funciona dun xeito parecido.
Que cookies usamos?
| Cookie ou almacenamento | De quen é | Para que serve | Canto dura | Tipo |
|---|---|---|---|---|
| __cf_bm | Cloudflare (seguridade da web) | Distingue as persoas dos programas automáticos e protexe a web | 30 minutos | Necesaria |
| chuore_consent | CHUORE | Lembra se aceptaches ou rexeitaches as cookies | 12 meses | Necesaria |
| Almacenamento local: «Os meus lugares» e guía sen conexión | CHUORE | Garda no teu dispositivo os lugares que marcas e a guía para usala sen conexión. Non se envía a ninguén | Ata que o borres | Necesaria (só se usas esas funcións) |
| Almacenamento local: chuore.santiago-weather.meteogalicia.v1 | CHUORE | Conserva o último tempo de MeteoGalicia para consultalo sen conexión | Ata que o borres | Necesaria (só se usas a función) |
| _ga | Google Analytics (Google Ireland Ltd.) | Distingue visitantes de xeito anónimo para contar visitas | 2 anos | Análise (só se aceptas) |
| _ga_0GF55RHE0F | Google Analytics (Google Ireland Ltd.) | Garda o estado da visita | 2 anos | Análise (só se aceptas) |
Non usamos cookies de publicidade. Se no futuro as usamos, preguntarémoscho antes e actualizaremos esta táboa.
Como aceptar, rexeitar ou cambiar a túa escolla?
Ao entrar por primeira vez preguntámosche. Podes cambiar a túa escolla cando queiras en «Configurar cookies», ao pé de cada páxina. Tamén podes borrar as cookies dende os axustes do teu navegador.
Máis información
Como tratamos os teus datos está explicado na Política de privacidade. Para calquera dúbida: queremosescucharte@chuore.es.
Mapas, localización e Rito
O mapa da guía solicita imaxes a OpenStreetMap, que recibe o teu enderezo IP e os datos técnicos desas peticións. O mapa incrustado de Google Maps só se carga se premes o seu botón de carga e queda suxeito ás condicións dese servizo. Non se carga Google Maps ao abrir a páxina. As tipografías, fotos e vídeos propios sérvense dende esta web; as ligazóns a Instagram non cargan un reprodutor de Instagram.

