Que autobús collo en Santiago de Compostela?
Como funciona o autobús urbano de Santiago
O autobús urbano de Santiago de Compostela xestiónao TUSSA e une o centro coa estación intermodal, o aeroporto (liña 6A), os campus universitarios, os hospitais e os barrios. Co noso buscador escolles dende onde saes e a onde vas, e dicímosche que liña coller, en que sentido e en que parada subir e baixar.
Antes de subir
- Mira o sentido: na mesma rúa pode haber dúas paradas, unha para cada sentido.
- Apunta o código da parada: aparece na marquesiña e sérvete para consultar a chegada en tempo real.
- Consulta +Bus: a app e a web de TUSSA dinche canto falta para o seguinte bus e se hai incidencias.
- Deixa marxe se tes un tren, un autobús ou un voo.
As conexións máis buscadas
Os billetes, tarifas e bonos publícaos TUSSA na súa web oficial. Alí tes tamén o plano completo de liñas.
- Aeroporto: liña 6A. Con paradas, déixate na Praza de Galicia nº 3 (parada 410).
- Estación intermodal: paradas en Hórreo.
- Hospital Clínico (CHUS): liñas 1 e 12 dende Senra nº 14 (parada 599) e C4 dende San Clemente (parada 553).
- Campus: Campus Vida e Campus Norte teñen paradas distintas. Escribe a facultade no buscador.
Preguntas frecuentes
Como sei que autobús coller en Santiago?
Usa o noso buscador: escolles dende onde saes e a onde vas, e dinos a liña, o sentido e a parada. Para ver a hora de chegada en tempo real, usa a app +Bus de TUSSA.
Onde vexo os horarios do bus urbano en tempo real?
Na app e na web +Bus de TUSSA, o servizo municipal de autobuses de Santiago.
Onde está o plano de liñas dos autobuses urbanos?
Na web oficial de TUSSA, ligada nesta páxina. Comproba sempre o sentido da liña e o código da parada.
Que bus vai do aeroporto ao centro?
O 6A. O servizo con paradas déixate na Praza de Galicia nº 3 (parada 410), a 2 minutos da Alameda. O directo vai a Hórreo–Estación Intermodal (parada 691).
Que bus vai ao Hospital Clínico (CHUS)?
Dende o centro serven as liñas 1 e 12 (parada Senra nº 14, código 599) e a C4 (parada San Clemente, código 553). Confirma o sentido en +Bus.
Que bus coller dende a estación de tren ou de autobuses?
A estación intermodal ten paradas urbanas en Hórreo. Busca o teu destino no noso buscador ou en +Bus. Ao centro tamén se chega a pé en uns 13–14 minutos.
O 6A serve para moverse dentro da cidade?
Non. Ten restricións para traxectos internos. Para moverte por Santiago, usa as liñas urbanas ordinarias.
Como sei se unha parada é a do sentido correcto?
Nunha mesma rúa pode haber dúas paradas, unha para cada sentido. Mira o nome ou o código da parada en +Bus antes de esperar.

