Chocolate con churros en Santiago de Compostela

Poucas cousas sentan tan ben en Santiago coma un chocolate quente con churros feitos ao momento, sobre todo cando chove. En CHUORE preparámolo no intre, na Rúa da Senra 20, a 2 minutos da Alameda e a 5 da Catedral.

Chocolate con churros en Santiago de Compostela · CHUORE

O noso chocolate á cunca

O noso chocolate á cunca é sen glute e sen lactosa. Se o prefires, tamén o preparamos con bebida vexetal. Tamén dispoñible en formato de 1 litro por 13,50 € para levar.

Os churros

Amasamos a masa a man con fariña, auga e un chisco de sal, e fritimos cada ración ao momento para que chegue quente e crocante á mesa.

Canto custa?

OpciónPrezo
Combo churros e chocolate (chocolate á cunca + 6 churros)5,30 €
Chocolate con churros (chocolate á cunca + 3 churros clásicos)4,80 €
Chocolate á cunca2,95 €
Chocolate pequeno2,50 €
Chocolate · 1 litro13,50 €

Cando vir

Pola mañá, de 9:00 a 13:00, para almorzar. Pola tarde, de 17:00 a 21:30, para merendar. Os mércores pechamos por descanso. Nos días de chuvia é o plan perfecto entre museo e museo: mira as nosas ideas para que facer en Santiago cando chove.

Preguntas frecuentes

O chocolate é sen glute?

Si. O noso chocolate á cunca é sen glute e sen lactosa. Os churros si levan fariña de trigo.

Pódese pedir para levar?

Si, churros e chocolate, e tamén a botella de chocolate de 1 litro.

Onde estades?

Na Rúa da Senra 20, á beira da Alameda, a 5 minutos a pé da Catedral.

Hai que reservar?

Non. Ven directamente. Para pedidos grandes, escríbenos por WhatsApp ao +34 623 18 17 51.