09:00–13:00 · 17:00–21:30 · Pechado por descanso: mércores

Volver á guía

Acabas de chegar a Santiago: que facer, paso a paso

  1. Deixa a maleta.

    Consigna na estación de autobuses (planta principal) ou en Correos, Rúa do Franco 4, a 2 minutos do Obradoiro. Na Catedral non se pode entrar con mochila.

  2. Vai á Catedral.

    Aberta todos os días de 7:00 a 21:00, entrada gratuíta por Praterías. No verán, os sábados pecha ás 20:30. A Misa do Peregrino celébrase agora de xeito provisional na igrexa de San Agustín (9:30, 12:00 e 19:30). A das 7:30 celébrase na Capela da Comuñón da Catedral. O botafumeiro non funciona temporalmente por obras.

    Horarios oficiais
  3. Pide información e un plano.

    Oficina de Turismo, Rúa do Vilar 63, todos os días de 10:00 a 18:00, +34 981 555 129.

  4. Escolle que facer hoxe:

    Santiago nun día · Que ver · Se chove · Ruta de Rito con audioguía.

  5. Mira o tempo.

    En Santiago chove a miúdo: leva paraugas e calzado que non esvare.

Mapa e paradas

Para comer algo rápido:

churros feitos ao momento en CHUORE, a 5 minutos da Catedral, á beira da Alameda.

Preguntas frecuentes

Que ver en Santiago nun día?

A Catedral e a Praza do Obradoiro, a Praza da Quintana, o Mercado de Abastos pola mañá e un paseo pola Alameda. Tes todo con horas e mapa na nosa ruta dun día.

Onde deixar a maleta en Santiago?

Na consigna da estación de autobuses ou na de Correos (Rúa do Franco 4). A consigna de Correos pecha o 25 de decembro e o 1 e 6 de xaneiro.

Pódese entrar de balde na Catedral?

Si, a entrada é gratuíta pola Porta de Praterías, todos os días de 7:00 a 21:00. O Museo e as Cubertas págase á parte. No verán, os sábados pecha ás 20:30.

Onde está a Oficina de Turismo?

Na Rúa do Vilar 63, aberta todos os días de 10:00 a 18:00. Teléfono +34 981 555 129.

Compartir por WhatsApp