09:00–13:00 · 17:00–21:30 · Pechado por descanso: mércores

Volver á guía

Santiago en coche: onde aparcar e como chegar ao centro

O primeiro, en orde:

  1. Non entres co coche no casco histórico.

    É zona peonil con acceso de vehículos restrinxido. Aparca fóra e entra a pé: dende calquera aparcadoiro do centro chegas á Catedral andando.

    Autorización de acceso ao casco histórico · Concello
  2. Escolle aparcadoiro segundo onde vas:
    • ao centro e á Alameda: Praza de Galicia (o máis próximo a CHUORE);
    • á Catedral polo norte: Xoán XXIII;
    • ao Mercado de Abastos: Belvís;
    • se chegas ou saes en tren: Estación (SABA);
    • ao Hospital Clínico: Choupana.
  3. Se vas estar pouco tempo,

    a zona azul (ORA) sae máis barata: 1 hora por 0,55 € en zona xeral.

  4. Se vas estar todo o día,

    usa unha rúa de longa duración (ata 4 h por 1,05 €) ou un aparcadoiro.

  5. Gasolina e carga eléctrica:

    gasolineiras preto do centro e aparcadoiros con recarga, máis abaixo.

    Todos os aparcadoiros, prezos e zona azul

Mapa e paradas

Aparcadoiros

Centro e A Senra

Praza de Galicia

Praza de Galicia s/n, 15706

Ler máis

Horario: Consulta na web do operador (saída 24 h).

  • De pagamento
  • Recarga eléctrica
  • Prazas: 356 (2 PMR, 8 con recarga)
  • Altura máxima: 1,95 m
  • Servizos: Recarga eléctrica, ascensor, aseo, prazas para moto, cuberto, pagamento con tarxeta e app.
  • Tarifas: 1 h 1,95 € · 5 h 8,00 € · 24 h 15,50 €. Máis barato coa app P-app.Prezo publicado polo operador o 25-nov-2026

CHUORE a 2 min a pé

Catedral e norte

Mercado e leste

Estación

Hospital e oeste

Aparcar de balde ou barato

Do aparcadoiro á Catedral a pé

Minutos a paso tranquilo, calculados coa ruta a pé de Google Maps. O casco histórico ten costas e chan de pedra: con chuvia, esvara.

AparcadoiroA pé ata a Catedral (Praza do Obradoiro)A pé ata CHUORE (Rúa da Senra 20)Ruta
Praza de Galicia8 min2 minVer ruta a pé
Xoán XXIII - Catedral6 min12 minVer ruta a pé
Belvís12 min10 minVer ruta a pé
Estación (SABA)24 min18 minVer ruta a pé
Choupana33 min28 minVer ruta a pé
Santa Marta36 min30 minVer ruta a pé
San Clemente4 min4 minVer ruta a pé

Google Maps · Comprobado: 26-nov-2026

Gasolina e carga eléctrica

Recarga de coche eléctrico

Aparcadoiros · ORA

Plan recomendado

Se vés pasar o día: aparca na Praza de Galicia, almorza na Alameda, sobe á Catedral (9 min), mercado antes das 14:00, e volve pola Alameda.

TUSSA · ORA · Comprobado: 26-nov-2026

Preguntas frecuentes

Onde aparcar en Santiago para ver a Catedral?

Os aparcadoiros de Xoán XXIII e Praza de Galicia son os máis usados para ir ao casco histórico a pé. Mira os minutos ata a Catedral na táboa desta páxina.

Pódese entrar en coche no casco histórico?

Non é boa idea: o acceso de vehículos está restrinxido. Aparca nun aparcadoiro próximo e entra a pé.

Hai sitio para aparcar barato todo o día?

A área de Santa Marta abre todos os días de 7:00 a 19:00 e ten bus ao centro (liñas 1, 12, C2 e C4). Na rúa, a zona azul de longa duración permite ata 4 horas por 1,05 €.

Onde cargar o coche eléctrico no centro?

No aparcadoiro da Praza de Galicia (8 prazas con recarga) e no de Choupana (10 prazas), segundo Interparking.

Podo aparcar unha autocaravana en Santiago?

Nos aparcadoiros de TUSSA non se admiten caravanas nin remolques. Antes de vir, consulta na Oficina de Turismo (981 555 129) onde está permitido.

Compartir por WhatsApp