09:00–13:00 · 17:00–21:30 · Pechado por descanso: mércores

Volver á guía

Santiago universitario: facultades, bibliotecas e servizos da USC

O primeiro, en orde:

  1. Atopa a túa facultade.

    A USC ten en Santiago tres zonas: Campus Vida (Sur), Campus Norte e o centro histórico. Preme «Bus» na túa facultade e o buscador dite que liña coller.

  2. Busca sitio para estudar.

    A biblioteca de Concepción Arenal abre tamén as fins de semana (de 10:00 a 19:30), e a Biblioteca de Galicia todos os días de 9:00 a 21:00.

  3. Aloxamento:

    o Servizo Universitario de Residencias está no Pavillón Estudantil do Campus Vida.

  4. Deporte:

    a Área Deportiva da USC está no Campus Sur (Avda. das Burgas).

  5. Vés de fóra?

    Mira a guía para estudantes internacionais, máis abaixo.

En exames, a USC publica horarios extraordinarios das súas bibliotecas. Consúltaos na súa web antes de ir.

Ver no mapa

Facultades

Servizos para estudantes

Plans baratos

International students guide (English)

Preguntas frecuentes

Onde está a miña facultade da USC?

Nesta páxina tes todas as facultades da USC en Santiago, por campus, con enderezo, teléfono e o botón para ver que bus coller.

Que bibliotecas abren en exames?

A USC publica horarios extraordinarios en época de exames na súa web. As fins de semana abren Concepción Arenal (10:00 a 19:30) e a Biblioteca de Galicia (9:00 a 21:00).

Hai salas de estudo abertas 24 horas en Santiago?

Non hai ningunha publicada de xeito oficial. As que máis horas abren son as bibliotecas da USC (ata as 21:30 entre semana) e a Biblioteca de Galicia.

Onde pido residencia universitaria?

No Servizo Universitario de Residencias da USC, no Pavillón Estudantil do Campus Vida. Teléfono 881 814 525.

Compartir por WhatsApp